O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila, convoca unha nova Feira de Oportunidades.

Será o 9 e 10 de agosto e levarase a cabo un sorteo de 450 euros en vales de compra.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 28 de xullo, por correo electrónico (espazo.lorenzo.varela@gmail.com) ou whatsapp no teléfono da traballadora de cultura (626 52 98 93).