O Concello de Monterroso colabora coa Asociación de Festas na celebración o vindeiro 10 de xullo do San Cristovo, festivo local.

A celebración comeza ás 11:00 horas cun pasarrúas a cargo de Falcatrueiros.

Ás 11:30 haberá animación de rúa coa Charanga Os Jalácticos.

Ás 12:30 misa solemne e posterior bendición e desfile dos coches coa actuación do Grupo de Gaitas Falcatrueiros.

Ás 13:30 sesión vermú na área recreativa da Peneda coa Charanga Os Jalácticos e ás 22:00 horas verbena coa Orquestra Escaparate. Antes do comezo da actuación terá lugar a entrega de premios cos coches mellor engalanados.