O alcalde e o arquitecto municipal visitando a estrada para realizar a medición.

Monterroso, 13 de agosto de 2024. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado do arquitecto municipal, Roque Álvarez Arosa, levou a cabo a visita e medición da estrada que vai da vía provincial do Marco a Monterroso, ao lugar de Sestelo pasando por Lardeiros, co obxectivo de solicitar axuda da Xunta de Galicia para proceder ao seu asfaltado.

O que se pretende con esta actuación é dar servizo aos veciños e veciñas de Lardeiros e tamén aos de Sestelo e ás aldeas dos arredores que empreguen esta vía para acceder á autovía A-54 que unirá Lugo con Santiago.