Eloy Pérez e Pablo Taboada xunto ao pedáneo José Manuel Porto.

Venres, 31 de maio de 2024.- Os Concello de Monterroso e Palas de Rei veñen de recibir unha axuda da Xunta de Galicia para reparar os accesos entre Gontá de arriba e Gontá de abaixo.

As obras van consistir na adecuación dos accesos entre os dous pobos con capa de formigón.

En concreto, o Goberno galego concédelles aos dous concellos esta subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinada a concellos de Galicia para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.

A Xunta concede a subvención por importe de 15.946,48 euros, (o 70% do importe total), para o proxecto denominado ‘Pavimentación de camiño público de Palas de Rei e Monterroso’, que ten un orzamento total de 22.780,68 euros.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitaron a zona onde se vai actuar acompañados do pedáneo, José Manuel Porto.