O Concello de Monterroso vén de rematar as obras correspondentes ao proxecto de mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrícolas, encadrado dentro do Plan marco de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020.
A Consellería do Medio Rural, a través de AGADER concedeu unha subvención para o desenvolvemento do plan e da redacción dun estudo integral da rede viaria municipal por importe de 76.112.92€
A empresa adxudicataria T.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo S.L. levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto, actuando nos camiños de Lamarretorta, Lentil e Areosa.