O Concello de Monterroso colabora co ‘VII Desafío San Miguel 2024’ que terá lugar este domingo día 15 de setembro.
A proba ciclista espera reunir na capital da Ulloa a preto de 200 corredores. Ofrecen a modalidade dunha ruta longa de 52 quilómetros e unha versión curta de 36 quilómetros.
O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno, deu a coñecer o cartel da proba xunto cos membros da organización, o equipo do Club Ciclista BTT San Miguel.
As inscricións están abertas na web www.ccnorte.com.