FEADER: Europa inviste no rural

O Concello de Monterroso vén de rematar as obras correspondentes ao proxecto de mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrícolas, encadrado dentro do Plan marco de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),  no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.

 Este plan ten por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

A Consellería do Medio Rural, a través de AGADER, concedeu unha subvención para a execución das obras de 57.193,25€.

A empresa adxudicataria Construcciones y obras Taboada y Ramos S.L.U, levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto, actuando nos camiños de acceso Penela-Lodoso a LU-P-3301 e Airexe a LU-P-3301.