O equipo de goberno de Monterroso en Bidouredo.

Xoves, 30 de maio de 2024.- O Concello de Monterroso acometerá a mellora do camiño municipal do núcleo de Bidouredo a o limite municipal de Antas de Ulla.

A intervención, que se executará en datas próximas, vai ser financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. As obras van supor un investimento de 9.351,30 euros.

O obxecto do proxecto é dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.

O alcalde, Eloy Pérez, visitou a zona onde se vai actuar acompañado polos concelleiros do equipo de Goberno.