O Concello de Monterroso abre o luns o prazo de inscrición na formación universitaria para maiores de 50 ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’

Venres, 12 de abril de 2024.- O Concello de Monterroso participa no Programa Democratización do Coñecemento implicando á poboación de máis de 50 anos do municipio. Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todos os cidadáns ao acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.
Dende a Universidade de Santiago e, en concreto dende o Vicerreitorado de Estudantes e Cultura, o Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo deseñase o programa formativo que se levará a cabo no mes de maio no Espazo Cultural Lorenzo Varela.
A formación, teórica e práctica, abrangue catro seminarios relacionados coas áreas científica, a xurídica e humanística e a artística.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no Espazo Cultural Lorenzo Varela.
Programa
OBRADOIRO Nº 1
A RELEVANCIA, A DIVERSIDADE E A RIQUEZA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO: UNHA APROXIMACIÓN Á HISTORA DA MÚSICA GALEGA E AOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
Datas: 8 (sesión teórica) e 9 (sesión práctica) de maio.
Docentes:

Dna. María González Blanco, docente da Facultade de Ciencias da Educación

Dna. Luisine Grigoryan Zohrabyan, docente colaboradora do IV CICLO

 
OBRADOIRO Nº 2
O IMPACTO SOCIOECONÓMICO DAS VELUTINAS
Datas: 14 (sesión teórica) e 16 (sesión práctica) de maio.
Docente:

Dna. María Amparo Ferreira Golpe, docente da Escola Politécnica Superior de Enerxía e do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO

OBRADOIRO Nº 3
HIDROLOXÍA E AGUAS SUBTERRÁNEAS
Data: 15 de maio.
Docente:

D. Jorge Dafonte Dafonte, profesor da Escola Politécnica Superior de Enerxía da USC

OBRADOIRO Nº 4
MODA, ARTE E HISTORIA: UNHA LECTURA DIFERENTE DO PATRIMONIO GALEGO

Sesión práctica: entre fíos, pinceis e ciceis.

Data: 21 de maio
Docente:

Dna. Mónica Rey Cabezudo, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia do Programa Universitario de maiores USC