Demografía

A evolución demográfica do concello resúmese basicamente en tres fases ben diferenciadas:

  1. Crecemento próspero: o período 1900-1940, foi dinámico e a poboación foi aumentando ata acadar a cota máis alta de habitantes, cun valor de 6.444 persoas.
  2. Descenso poboacional: no período 1940-2001, o descenso poboacional foi constante, ata chegar á actualidade. Esta perda poboacional é debido sobre todo á forte emigración sufrida a partir de 1940, aínda que tamén contribuíu, o crecemento vexetativo negativo.
  3. Estabilidade: en termos xerais, Monterroso pasou dos 5.524 habitanes no ano 1900, ós 4.229 no ano 2003, perdendo 1.295 habitantes, o que supón a perda do 23,44 % da poboación de principios de século. Non obstante, cómpre destacar que se está a presentar unha terceira fase de estabilidade poboacional, na que o número de habitantes do concello se mantén por riba das 4.000 persoas.

Actualmente conta cun censo de 4.050 persoas das cales 2.033 son homes e 2.017 son mulleres.

 HOMES MULLERES TOTAIS 
Idades %%%
0-9 101 2,49 103 2,54 204 5,04
10-19 166 4,1 151 3,73 317 7,83
20-29 251 6,2237 5,85 488 12,05
30-39 272 6,72 219 5,41 491 12,12
40-49 304 7,51 285 7,04 58914,54
50-59 285 7,04 220 5,43 505 12,47
60-69 238 5,88 243 6 481 11,88
70-79 242 5,98 292 7,21 534 13,19
80-89 1563,85 223 5,51 379 9,36
90-99 17 0,42 421,04 591,46
100-10910,02 20,05 30,07
Totais2.033 50,22.017 49,84050100