Merca en Monterroso. Nadal 2026.

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de comercios da vila, convoca e participa na organización do evento Merca en Monterroso, Nadal 2026 entre os días 1 de decembro de 2026 e 6 de xaneiro de 2027, co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

O Concello de Monterroso fará dous sorteos de 480 € cada un repartidos en vales de compra nos negocios participantes. O importe máximo dos vales será de 30 euros.

Vanse repartir un total de 960 euros en premios para canxear nos negocios participantes.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 20 de novembro, por whatsapp no teléfono da traballadora de cultura ou no Espazo Cultural Lorenzo Vareela. Terá que haber un número mínimo de 12 negocios participantes para realizar a actividade.

Bases para descargar