O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse a comprobar o estado dos traballos.

Xa en marcha as obras de rehabilitación da Peneda. A empresa encargada dos traballos acomete estes días labores de demolición e desentullo, entre outros.

As obras van consistir na rehabilitación da cafetería, na instalación dunha pérgola ao lado desta e no acceso a área recreativa e teñen un orzamento de 233.744 euros.

A Xunta cofinancia nun 70 % as actuacións previstas, ademais de contratar e executar as obras. O Concello de Monterroso achegará o 30% restante e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.

A actuación enmárcase no Plan Hurbe, promovido polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.

A previsión é que as obras poidan estar rematadas en maio deste ano.