Casa do Carneiro e escola

 

No século XVI otorgouse a unha casa de Ligonde o dereito de asilo (aquel acusado ou perseguido pola xustiza que lograse atravesar a súa porta ou posesión conseguía a súa libertade). Este dereito de asilo mantense ata ben entrado o século XVIII. Algúns identifican esta casa coa actual casa de carneiro. Foi unha casa fundada polos "Ulloa" na que se hospedaron monarcas e ilustres personaxes nas súas peregrinacións a Santiago de Compostela.

 

Sábese que o día 24 de marzo de 1520 parou a comer nela o Emperador Carlos I. Felipe II tamén percorreu estas paraxes, precisamente o 20 de maio de 1554, cando se dirixía a Coruña para o seu casamento con María Tudor. Seguimos camiño e ao final do pobo marcaremos tamén a escola republicana feita polo pobo. Na actualidade cedida ao concello, provisionalmente, por un período de tempo, restaurada e destinada a albergues de peregrinos, dotada dunhas boas instalacións.

 

Museo parroquial

 

Museo de arte e etnografía popular con 560 pezas, ubicado na casa reitoral. A súa colección abrangue desde a arte en pedra ata utensilios artesanais, pasando pola orfebrería religiosa ou a numismática.

 

Rutas de senderismo

 

Descargar en formato pdf

 

 

Folleto Turismo Municipal Monterroso

 

Descargar en formato pdf