O Concello de Monterroso finaliza as obras de mellora do camiño municipal no núcleo de Marzán ante o mal estado que presentaba. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado polos concelleiros do equipo de Goberno, comprobou o remate da actuacón.

As obras dotaron ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función para evitar a continua presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade.

O investimento para esta actuación ascende a 24.145 euros e finánciase con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.

Tamén está previsto o asfaltado da vía que une Montecalvo coa N-540 pasando por Sampaio, a LU-P-3303, titularidade da Deputación Provincial.