Dentro da habitual orde gastronómica temos que falar de tres valiosos elementos: as troitas como entrante suculento; o xamón, rexio manxar e de postre o queixo da Ulloa.
As augas do Ulla teñen fama de abundante pesca e troitas de riquísima e branca carne. Proba diso é a multitude de pescadores que de toda Galicia acuden a Monterroso na tempada de pesca.
Don Ramón Otero Pedrayo, co gallo dunha estadía en Monterroso, no antergo "Hotel Palas" (na actualidade Café García) deixou escrito un poema ó xamón de Monterroso:
"Groria do porco, frol da invernía,
Sona da casa, lapa da carne
Xamón.
Densidá ilustre da cena sábia,
Graza e potenza, rosa do pote
Xamón! "
Placa homenaxe a D. Ramón Otero Pedrayo