Cómpre destacar a figura dos poetas Teolindo Cortiña Toural e Lorenzo Varela.

 

TEOLINDO CORTIÑA foi un cura poeta que escribía baixo o pseudónimo de "Antón do Sirgal". Naceu no ano 1884 e finou no 1972. Entre as súas publicacións destacan poemas contra o caciquismo como Catecismo en solfa publicado en 1932 e Recordando tempos con mor de outros tempos con poemas sobre temas lucenses.

 

Fotografía de la escultura de Lorenzo VarelaJESÚS MANUEL LORENZO VARELA VÁZQUEZ, naceu nun barco preto da Habana o 10 de agosto de 1916, no cal emigraban os seus pais a América. Na capital cubana pasou Lorenzo os seus primeiros anos e de alí trasladouse a Bos Aires, onde cursou os estudos primarios.

 

Cando tiña 14 anos veu con súa nai para Galicia. Na cidade de Lugo remata os estudos de Bacharelato. No ano 34 marchou para Madrid e axiña se integrou no Movemento Antifascista, nas "Misiones Pedagógicas" e logo, ao estoupar a guerra civil, na fronte republicana. Perdida a guerra, emigrou a Francia e logo a Cuba. Desde Cuba pasaría a México e desde alí definitivamente a Bos Aires en 1941, cidade na que desenvolvería a maior parte da súa actividade cultural, ata o seu regreso definitivo a España no ano 1976 e a súa morte dous anos despois. No ano 1979 e por iniciativa do párroco de Lodoso e Fufín, Xosé Moreiras Santiso, rendeuselle unha homenaxe dándolle o seu nome a unha rúa da vila. Os seus restos foron trasladados a Fufín no ano 1981 xunto aos da súa nai.

 

Entre as súas publicacións destacan Catro poemas pra catro grabados on de louba a catro personaxes mítico-lexendarios, Torres de amor, poemario en castelán no fai fronte á derrota do desterro e Lonxe, sobre a emigración, a dureza da guerra e a posguerra, a saudade.