O Concello de Monterroso é un dos municipios integrantes da comarca de A Ulloa, comarca cunha extensión considerable, 447,6 qm2 con algo máis de 500 entidades de poboación xunto con Palas de Rei e Antas de Ulla. O Concello de Monterroso conta cunha extensión de 114,6 qm2 e sitúase no Suroeste da provincia de Lugo. A súa situación dentro da Comunidade Autónoma de Galicia é privilexiada, situándose prácticamente no centro desta.
 
 
Xeográficamente Monterroso limita cos seguintes Concellos:
 
Norte: Guntín e Palas de Rei
Oeste: Palas de Rei e Antas de Ulla.
Leste: Portomarín, Taboada e Guntín.
Sur: Taboada e Antas de Ulla.
 

En canto aos aspectos físicos, cabe dicir que Monterroso é pouco accidentado, relativamente aplanado; aínda que nos límites co Norte e co Oeste aparecen algunhas elevacións; e tamén no Leste, onde se atopa o monte Castelo de Vilameñe, con 800 metros de altitude. As principiais elevacións de Monterroso son os Montes de Vacaloura, San Cristovo, Castelo de Ambarrías, Pedralba, San Simón ou Marzán, Orgoso, Cumbraos e Vilanova; sen que ningún supere os 800 metros de altitude.

 

Entre as características hidrográficas do Concello de Monterroso, cabe destacar fundamentalmente o Río Ulla, que nace na parroquia de Olveda (Antas de Ulla), e cruza o Concello de sudeste a noroeste, formando unha fronteira natural entre os Concellos de Monterroso e Antas de Ulla. Por iso é polo que o conxunto dos tres Concellos recibe o nome de Comarca da Ulloa.

 

Os afluentes principais do Río Ulla que pasan por Monterroso son: Parteme e o Lavandelo, completando a súa rede fluvial os ríos Sucastro, Sirgal, Lourentín, As Pozas, Salgueiral e Rial.

 

Monterroso conta cunha boa comunicación na rede de estradas:

 

Carretera N-640 (Vegadeo-Pontevedra-Porto de Vilagarcía).
Comarcal de Palas e Taboada.
Carreteras locais que comunican coa de Santiago e a de Ourense.
Rede doutras carreteiras que comunican a todas as parroquias do municipio.

 

Ademáis conta tamén con varias liñas de autobuses que viaxan a Bilbao, Vigo, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela.