O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila, convoca unha nova Feira de Oportunidades.
Será o 9 e 10 de agosto e levarase a cabo un sorteo de 480 euros en vales de compra non superiores a 30 euros.
O sorteo levarase a cabo o luns 12 de agosto e os vales de compra poderanse canxear nos establecementos participantes, que figuran no cartel.