Eloy Pérez co responsable da empresa adxudicataria dos traballos na área da Peneda.

A Xunta de Galicia, a través da a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a construtora e a dirección de obra veñen de asinar a acta de replanteo para a rehabilitación da área recreativa da Peneda, cuxas obras darán comezo nos vindeiros días.

De seguido, o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse ata a zona de actuación co responsable da empresa adxudicataria dos traballos.

As obras van consistir na rehabilitación da cafetería e o acceso a área recreativa da Peneda e teñen un orzamento de 258.123 euros.

A Xunta cofinancia nun 70 % as actuacións previstas, achegando un investimento que supera os 206.000 euros, ademais de contratar e executar as obras. O Concello de Monterroso achegará o 30 % restante e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.

A actuación adxudicada á empresa Manuel Novoa Castro S.L. enmárcase no Plan Hurbe, promovido polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, e neste caso o obxectivo é mellorar as condicións de confort dos usuarios da área recreativa, así como as súas condicións de funcionalidade e integración paisaxística.

A previsión é que as obras poidan estar rematadas para maio de 2025.