Obras de mellora dos camiños municipais do núcleo de San Lourenzo e do núcleo de Vilanova

O Concello de Monterroso está a avanzar no Plan de mellora das
infraestructuras rurais en varios puntos do municipio coa axuda das
distintas administracións. Neste caso a actuación está financiada polo
Plan de Cooperación cos Concellos e supón un investimento de máis de
40.000 euros. O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno,
desprazouse ata a zona de San Lourenzo e Vilanova onde se veñen de
mellorar os camiños municipais, que se atopaban moi deteriorados.

 O rexedor avanza que “próximamente iniciarase a licitación para o
arranxo e mellora de máis vías rurais en distintos puntos do Concello de
Monterroso”.