O Concello de Monterroso recibiu a concesión dunha subvención para a realización da actuación denominada Plan Mellora Camiños Rurais 2026-2027 no Concello de Monterroso.
Esta actuación contempla a mellora e reparación de camiños rurais municipais existentes que dan servizo a parcelas agrícolas.
Actuación 01: Camiño Taslama-Curuxás
Trátase dun camiño de 675 m que serve de acceso a parcelas, edificacións e instalacións agrícolas presentes entre os lugares de Traslama e Curuxás.
Actuación 02: Camiño Curuxás-Viloíde
Trátase dun camiño de 771 m que dá acceso a parcelas, edificacións e instalacións agrícolas entre os lugares de Curuxás e Viloíde.
Actuación 03: Camiño Ansar
Trátase dun camiño de 392 m que dá acceso a explotacións agropecuarias e parcelas agrícolas existentes no núcleo de Ansar.
A presente axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España.
