Festa da Terceira Idade de Monterroso

O Concello de Monterroso organiza o vindeiro 16 de outubro a Festa da Terceira Idade, que celebrará na Cúpula.

As persoas interesadas en participar poden facer as súas inscricións ata o 13 de outubro nas oficinas municipais ou a través dos pedáneos e alcaldes de barrio das distintas parroquias.

A participación será de balde para as persoas xubiladas empadroadas no Concello de Monterroso.

Haberá unha misa previa na igrexa parroquial de Monterroso e unha actuación musical no lugar de celebración da Festa.

O Goberno local anima a participar nesta cita pensada para compartir un día de encontro e confraternidade.