Venres, 12 de abril de 2024.- O Concello de Monterroso participa no Programa Democratización do Coñecemento implicando á poboación de máis de 50 anos do municipio. Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todos os cidadáns ao acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.

Dende a Universidade de Santiago e, en concreto dende o Vicerreitorado de Estudantes e Cultura, o Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo deseñase o programa formativo que se levará a cabo no mes de maio no Espazo Cultural Lorenzo Varela.

A formación, teórica e práctica, abrangue catro seminarios relacionados coas áreas científica, a xurídica e humanística e a artística.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no Espazo Cultural Lorenzo Varela.

Programa

OBRADOIRO Nº 1

A RELEVANCIA, A DIVERSIDADE E A RIQUEZA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO: UNHA APROXIMACIÓN Á HISTORA DA MÚSICA GALEGA E AOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.

Datas: 8 (sesión teórica) e 9 (sesión práctica) de maio.

Docentes:

  • Dna. María González Blanco, docente da Facultade de Ciencias da Educación

  • Dna. Luisine Grigoryan Zohrabyan, docente colaboradora do IV CICLO

 

OBRADOIRO Nº 2

O IMPACTO SOCIOECONÓMICO DAS VELUTINAS

Datas: 14 (sesión teórica) e 16 (sesión práctica) de maio.

Docente:

  • Dna. María Amparo Ferreira Golpe, docente da Escola Politécnica Superior de Enerxía e do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO

OBRADOIRO Nº 3

HIDROLOXÍA E AGUAS SUBTERRÁNEAS

Data: 15 de maio.

Docente:

  • D. Jorge Dafonte Dafonte, profesor da Escola Politécnica Superior de Enerxía da USC

OBRADOIRO Nº 4

MODA, ARTE E HISTORIA: UNHA LECTURA DIFERENTE DO PATRIMONIO GALEGO

  • Sesión práctica: entre fíos, pinceis e ciceis.

Data: 21 de maio

Docente:

  • Dna. Mónica Rey Cabezudo, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia do Programa Universitario de maiores USC