Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Monterroso organiza un obradoiro de solo pelviano para mulleres.
A actividade, financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, vai ter lugar o sábado día 9 de marzo. Haberá unha sesión de iniciación pola mañá e outra de perfeccionamento pola tarde no ximnasio do Espazo Cultural Lorenzo Varela.
O obradoiro é gratuíto e as prazas son limitadas, polo que as mulleres interesadas poden consultar ou anotarse xa falando coa Educadora Social do Concello ou achegándose ao Espazo Cultural Lorenzo Varela.