O Goberno local do Concello de Monterroso levou a cabo a eliminación dun vertedoiro incontrolado na parroquia de Ligonde. O alcalde, Eloy Pérez, achegouse ata o lugar onde se fixeron os traballos para comprobar o estado dos mesmos.
O rexedor lémbralles aos veciños e veciñas que o Concello dispón dun punto limpo para a xestión de residuos voluminosos, tales como electrodomésticos fóra de uso, televisores ou plásticos, entre outros.
As persoas interesadas teñen que tramitar a solicitude de recollida no Concello de Monterroso e os operarios municipais son os que recollen os refugallos e os depositan no punto limpo. Tamén existe a posibilidade de que os veciños e veciñas os leven eles mesmos ata o punto limpo. Poden consultar o horario de atención no Concello de Monterroso.
Recórdase tamén que está prohibido depositar calquera tipo de residuos en vertedoiros incontrolados ou en calquera outra zona do Concello que non estea debidamente habilitada para esta fin.