O Goberno local do Concello de Monterroso presenta o cartel co que este ano promociona a Feira de Santos, que se vai celebrar na localidade o vindeiro día 1 de novembro, ao tempo que ultima todos os preparativos para esta cita declarada de Interese Turístico de Galicia.
Neste momento o Goberno municipal está facendo as xestións pertinentes para solicitar que sexa declarada de Interese Turístico Nacional.
O evento, cuxa celebración está documentada desde o ano 1219, prevé reunir na localidade a miles de persoas que desfrutarán dun enorme escaparate de produtos de temporada.
Gastronomía, música, cultura e tradición, todo vai ter cabida na Feira das Feiras, a Feira de Santos.