O Concello de Monterroso expedirá desde o luns o certificado dixital aos veciños e veciñas que o soliciten.
Para iso foi preciso que o Goberno local levara a cabo os trámites oportunos coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
O Concello de Monterroso pon en marcha desde o luns dúas oficinas de rexistro para que os veciños e veciñas poidan obter "in situ" o certificado dixital.
Unha delas vai estar emprazada nas oficinas municipais do Concello de Monterroso e, a outra, no Espazo Cultural Lorenzo Varela.
Hai que pedir cita previa a través da sede electrónica do Concello de Monterroso ou no teléfono 982 37 70 01 en horario de 09:00 a 11:00 horas e no 982 37 78 14 en horario de 16:00 a 19:00 horas.