Xoves, 6 de xuño de 2024.- O Goberno local do Concello de Monterroso colabora co Club Ciclista Lucus Augusti na organización da carreira ciclista III Memorial Xosé Antonio López, que se vai celebrar na localidade o vindeiro sábado 22 de xuño.
O Goberno local recupera esta proba en recordo do ‘Roán’, que non se celebraba desde o ano 2019.
A carreira formará parte do calendario da Federación Galega de Ciclismo, puntuable para a Copa Galicia de ciclismo para as categorías de cadete e júnior. A previsión da organización é que participen na proba preto de 450 deportistas.
A proba desenvolverase na Rúa Benigno Vázquez a partir das 10:00 horas.
Participan as seguintes categorías:
Escolas
Promesas
Principiantes
Alevíns
Infantís
Cadetes
Júnior
Trátase dunha proba de ciclismo para a modalidade de estrada realizada nun circuíto urbano pechado ao tráfico cun número determinado de voltas e adaptado a idades e categorías. Haberá ata 4 circuítos diferentes.
A proba está inscrita dentro do Calendario da Federación Galega de Ciclismo pero é de ámbito estatal.
Horarios
A proba para a categoría de escolas será a partir das 16:00 horas.
A proba para a categoría cadete e júnior terá unha contra reloxo individual pola tarde e circuíto en estrada pola mañá.
Ao finalizar as probas farase a entrega de trofeos.