O Goberno local do Concello de Monterroso fai un chamamento para que as empresas ou autónomos da vila e dos concellos próximos que busquen persoal para traballar fagan chegar información sobre a man de obra que precisan e a formación necesaria para desenvolver os traballos.
O Concello de Monterroso pretende con esta medida dispor dunha base de datos co obxectivo de poder poñer en contacto ás empresas e autónomos cos demandantes de emprego. En concreto, trátase de poder identificar os
perfís dos migrantes que achega a ONG Rescate, tras terlles solicitado esta información e ante a innación do Goberno do Estado en relación coa empregabilidade destas persoas que chegaron a Monterroso hai unhas semanas.
A finalidade, tal e como explica o alcalde, Eloy Pérez, é que unha vez obteñan os permisos de residencias e traballo poidamos contribuír á súa integración real.
As empresas ou autónomos interesados en formar parte desta base de datos poden poñerse en contacto co Concello de Monterroso.
Para formar parte da base de datos deben proporcionar a información sobre man de obra, coa formación e demais requisitos do posto de traballo que desexan cubrir mediante a achega da correspondente oferta laboral.