Unha decena de comercios súmanse á Feira de Oportunidades que se vai celebrar en Monterroso os días 11 e 12 de abril co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.
O Concello de Monterroso fará un sorteo de 480 euros repartidos en vales de compra nos negocios participantes por importe de 30 euros cada un.
O sorteo realizarase o 14 de abril ás 10:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido polas redes sociais oficiais do Concello de Monterroso.
Os establecementos participantes son:
MARISA FLORISTERÍA
DIVINA FLORISTERÍA
LUCÍA AROMAS
MERCERÍA CASA GASEOSAS
MARTON SPORT
CRIS ABAD
CALZADOS MONTERROSO
MODA TRISCOS
OTERO MODA
MODAS RAMOS