Traballos de acondicionamento do percorrido da BTT San Miguel.

Mércores, 13 de setembro de 2023.- O Goberno local do Concello de Monterroso colabora co Club Ciclista BTT San Miguel na organización do VI Desafío San Miguel 2023, que se vai celebrar o vindeiro 24 de setembro.

Está previsto que na proba, que terá a súa saída da Cúpula ás 09:00 horas, participen ata 200 corredores. Os inscritos poden elixir a ruta longa, de 52 km, ou a curta, de 36 km.

Ao longo do percorrido pasarán por diferentes lugares de Monterroso, despois de cruzar a propia vila; como Podence, Cumbraos, Lodoso, A Lucenza ou Novelúa, entre outros.

Colaboración do Concello

Operarios municipais do Concello de Monterroso axudan estes días a acondicionar o itinerario coa limpeza das pistas e camiños polos que vai discorrer a proba. O Concello de Monterroso concede ademais unha axuda económica anual ao club para o desenvolvemento das súas actividades.

As inscricións están abertas ata o xoves 21 de setembro e poden facerse na web www.ccnorte.com

Para máis información: www.bttsanmiguel.es.