O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios da vila, convoca e participa na organización dunha Campaña de Nadal entre os días 6 de decembro e 6 de xaneiro co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

O Concello desenvolverá dous sorteos por importe de 960 € en tarxetas regalo dos comercios participantes por importe de 30 € cada un, segundo bases que rexen a iniciativa.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 3 de decembro, por whatsapp no teléfono da traballadora de cultura (626 52 98 93).

Os sorteos realizaranse os días 23 de decembro e 7 de xaneiro ás 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido por redes sociais.

Toda a información e as bases no seguinte enlace: