O alumnado do obradoiro de emprego Terras do Miño-Ulla I leva a cabo tarefas de mantemento na área recreativa da Peneda en Monterroso
O pasado dez de decembro botou a andar o Obradoiro dual de emprego Terras do Miño-Ulla I, cuxo promotor este ano é o Concello de Portomarín asociado cos de Monterroso e Palas de Rei.
O obradoiro ofrece formación teórica e práctica nos módulos de turismo e xardinería. O alumnado deste módulo é o que vén de comezar as tarefas de mantemento na área recreativa da Peneda, en Monterroso.
Ao longo de todo o ano actuarán en diferentes lugares públicos do Concello, como a área do Caracacho, a Praza de Santa Lucía ou a contorna da Cúpula, entre outros.
Neste módulo fórmanse dez alumnos dos tres concellos. En concreto, de Monterroso hai seis alumnos e alumnas, tres deles en cada un dos módulos.
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse onte ata a Peneda para interesarse polos traballos que están a desenvolver.