Venres, 2 de febreiro de 2024.- O Concello de Monterroso repartirá máis de 1.800 euros en premios no concurso de disfraces do martes 13 de febreiro.
As persoas interesadas en participar poden anotarse no Espazo Cultural Lorenzo Varela ata o 9 de febreiro ou ese mesmo día ata unha hora antes da saída do desfile.
O desfile sairá da Praza Antonio Rojo Losada ás 17:30 horas e fará un percorrido pola vila ata a Cúpula, onde se celebrará o concurso.
Premios
Haberá un premio de 700 euros para a mellor comparsa, aquelas formadas por cinco ou máis persoas, un segundo de 300 euros e o 3º, 4º e 5º levarán 100 euros.
Haberá outra categoría de individuais ou grupos cun primeiro premio de 250 euros, un segundo de 150 euros e un 3º, 4º e 5º premio de 50 euros.
Os participantes deberán formar parte do desfile e na Cúpula realizarán unha parodia.
O xurado avaliará especialmente, entre outros aspectos: a animación, a creatividade, a orixinalidade e a espontaneidade.
Os premiados daranse a coñecer ao remate do concurso de disfraces, sobre as 20:30 horas.
Festa infantil
O Goberno local organiza a maiores para o día 11 de febreiro unha Festa infantil de Entroido no Espazo Cultural Lorenzo Varela con entrada de balde a partir das 17:00 horas con inchables, ludoteca e merenda.