O Concello de Monterroso remata as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Bidouredo.
O obxecto do proxecto era dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e a súa función e que evitara a continua presenza de fochas que dificultaban a circulación con seguridade.
A actuación supuxo ademais a renovación do firme, así como a instalación de sinalización axeitada.
Nos próximos días darán comenzo as obras de reparación da pista de Bidouredo a Rivadulla e tamén a instalación dos cruces para a tubaxe de subministro de auga aos lugares de San Lorenzo e Pedraza, obra previa ao aglomerado da vía.
Subvención da Xunta
A actuación contou cun presuposto de 24.500 euros, que financiou a Xunta nun 70% e o Goberno local nun 30%.
O alcalde, Eloy Pérez, visitou o remate das obras acompañado polo arquitecto municipal, Roque Álvarez Arosa. Alí puido falar cos operarios e comprobar o estado dos traballos, xa finalizados.