É para min unha honra, como Alcalde e como veciño de Monterroso, darvos a benvida a este espazo informativo que pretende ser unha fiestra aberta do noso municipio.

 

O Concello de Monterroso atópase na provincia de Lugo e é a capital da Comarca da Ulloa, da que tamén forman parte Palas de Rei e Antas de Ulla. Tentaremos darlle o impulso necesario para que sexa un territorio puxante e con futuro para todos e todas as que decidan asentarse nel.

 

Queremos que esta páxina sirva como un espazo aberto desde o que achegarvos ao noso Concello e desde o que poder coñecer mellor a nosa historia, o noso patrimonio, e os nosos recursos turísticos, así como os servizos que ofrecemos aos nosos veciños e veciñas.

 

Pretendemos que sexa un portal dinámico dende o que achegarvos á administración local de xeito doado e dende o que seguir o día a día dun municipio con excelentes posibilidades e cun gran porvir.

 

Eloy Pérez Sindín