Son moitos os vestixios arqueolóxicos que podemos atopar no concello de Monterroso.

 

Como poden ser:

 

Sartegos antropoides en Fente, Fufín, Pol e Vilanova, tambén podemos ver dous deles no área recreativa da Peneda, posiblemente da baixa idade media.

 

Insculturas (gravados rupestres que realizáronse en Galicia durante a idade de bronce a base de inscricións profundas en anchas lousas planas) en Fufín.

 

Castros

 

Carlos Méndez Vázquez, párroco de Monterroso fixo un estudo en profundidade dos castros da comarca, e publicou un libro froito das súas investigacións. Trece son os castros que estudou en terras de Monterroso, aínda que moitos máis houbo e deles algún resto queda.

 

Destes trece castros faremos un pequeno resumo.

 

A COTELA: na parroquia de San Breixo. O máis pequeno do municipio. Está situado nas cercanías dos “Castelos de Ambaria”.

 

ANSAR: ubícase no sur do municipio, no límite con Taboada. Situado a moi pouca distancia do nacemento do río Ulla. É de forma ovalada.

 

CASTRIÑOS DE GRAÑA: situado no sur do municipio. Moi preto do xove Ulla. Está arbolado de carballos. Son dous castros unidos, situados en dúas colinas elevadas e contiguas.

 

CERCIO: é o máis monumental do municipio e o mellor conservado en canto a defensas. Está dividido de norte a sur por unha muralla aínda máis alta cas súas defensas.

 

LARDEIROS: grandes defensas. Con dúas fontes nos seus extremos.

 

LIGONDE: xunto á serra de Ligonde e o camiño de Santiago. É o máis orixinal do concello. Está dividido en dous por unha gran muralla. O seu carón está o chamado “Castros de García”, que pode ser castro independiente ou antecastro do principal.

 

MOREIRA: situado na parroquia de Bidouredo.

 

NOVELÚA: no extremo norte do municipio. Ten unha densa vexetación de carballos no interior das súas murallas. Sobre el está edificada a igrexa parroquial.

 

OUTEIRO DE SAN CRISTOVO: situado en Santa María de Pedraza, ten características castrexas.

 

SALGUEIROS: é o de maior altura de todo o municipio. Desde el obsérvase unha fermosa panorámica.

 

SIETEIGLESIAS: Inmediato á capitalidade de Monterroso.

 

SIRGAL: o castro e os dous outeiros rochosos pretos forman un triángulo, no medio do que hai un ara ou altar natural equidistante dos tres cumes. Todo o conxunto está moi maltratado pola extracción de pedras para diversas construcións, como é exemplo as pedras extraídas para a reforma do Pazo de Laxe, no 1700.

 

SUCASTRO: na súa cima sitúase a ermida de Santa Mariña de Sucastro, con soterramentos de señores dunha antiga fortaleza medieval que tamén alí existiu.

 

Tamén podemos atopar mámoas (montículos de terra artificial construidos sobre unha sepultura) en Ligonde, Sirgal e Satrexas e menhires ao longo da estrada que une Monterroso con Sirgal.

 

Da época da romanización quedan no municipio: muíños, tellas e cerámica, nos castros mencionados, pero a vinculación de Monterroso coa civilización romana vai máis aló co achado dun miliario (columna cilíndrica, oval ou paralelepipeda que se colocaba no bordo das calzadas romanas para sinalar as distancias cada mil pasos) na parroquia de Satrexas, adicado a Caracalla no ano 213, que sinala 24 millas; isto é, os 40 quilómetros que separaban a Monterroso da capital provincial. Este descubrimento parece evidenciar a existencia dunha rede viaria secundaria que cruzaría o municipio. Posiblemente tratásese da vía que unía Lugo con Braga e Chaves (vía XIX do Itinerario Antonino).