De todas as feiras de Monterroso a máis importante e sonada é a Feira de Santos, o primeiro de novembro, considerada desde hai séculos unha das máis importantes de Galicia. O seu nacemento data do 1219. Foi declarada FEIRA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO no 2011.
<< se ti viras o que eu vin
alá arriba en Monterroso;
vintecinco xastres xuntos,
a cabalo dun raposo>>
(canción popular)