Monterroso conta cun importantísimo patrimonio cultural e natural polo que no concello son moitas as posibilidades de visita.
Gravados rupestres como os de Leborei ou Ligonde, medorras espalladas por toda a súa xeografía, dúas decenas de castros (Castro de Sirgal, Castro de Ansar, Castro de Lardeiros, Castros de Ligonde, Castro de Sucastro…).
Conta con máis dunha vintena de igrexas románicas ou con vestixios de trazado románico, no seu haber (San Cristovo de Novelúa, San Miguel de Penas, Santiago de Ligonde, San Miguel de Esporiz, San Lourenzo de Pedraza, Santa María de Pedraza, Santiago de Bidouredo, Santa María do Bispo, San Martiño de Cumbraos, Santa María de Fente, San Cibrao dos Ferreiros, San Pedro de Frameán, San Martiño de Fufín, Santa María de Leborei, San Cibrao de Pol, San Salvador de Sambreixo, Santa Mariña de Sucastro, Santa María de Tarrío, San Salvador de Valboa, San Pedro de Vilanova, San Cristovo de Viloíde.
O Pazo da Laxe, a Torre-pazo de San Miguel de Penas, o Pazo de Seixós, a Casa Grande de Mouronte, o Pazo de Ladar, A Casa Grande dos Lameiros… son só algunhas das casas señoriales das que é tan rica a xeografía de Monterroso.
É importante todo o patrimonio vinculado co Camiño Francés ao seu paso por Ligonde (conxunto dos Lameiros, Casa de Carneiro, Cemiterio de peregrinos, escola da República, sartegos e cruceiro da Eirexe…
“O Centro de Interpretación, Monterrroso a vila das feiras”, trátase dunha serie de salas museísticas nas que se recolle a través de distintos vestixios históricos e/ou artísticos a historia do concello de Monterroso e a importancia transcendental que tivo a feira tanto para a configuración da vila, como para o conxunto da Ulloa. A colección de pezas abrangue desde a arte en pedra ata utensilios artesanais, pasando pola orfebrería religiosa ou a numismática.
A Peneda e o Ulla son dous elementos que o visitante a Monterroso non pode deixar de acudir. A Peneda é unha área recreativa a carón do río Ulla. Nela hai representación de arquitectura tradicional a través de construcións como horreos tradicionais.
Hai varias rutas paisaxísticas establecidas en Monterroso: a “Do románico na natureza”, “A dos soutos e carballeiras”, “A do Camiño Francés”, “A da Feira Vella- Muiño do alemán”, ademais da “Ruta viaxe ao Románico”, que a súa vez dispón de catro rutas.
folletos turísticos (pdf)
- TRIPTICO PAZOS GALEGO
- TRIPTICO PAZOS CASTELLANO
- TRIPTICO PAZOS INGLÉS
- SANTIAGO DE BIDOUREDO GALEGO
- SANTIAGO DE BIDOUREDO CASTELLANO
- SANTA MARIÑA DE SUCASTRO GALEGO
- SANTA MARIÑA DE SUCASTRO CASTELLANO
- SANTA MARÍA DE TARRÍO GALEGO
- SANTA MARÍA DE TARRÍO CASTELLANO
- SAN XOÁN DE LODOSO GALEGO
- SAN SALVADOR DE VALBOA GALEGO
- SAN SALVADOR DE VALBOA CASTELLANO
- SAN PEDRO DE VILANOVA GALEGO
- SAN PEDRO DE VILANOVA CASTELLANO
- SAN MIGUEL DE PENAS GALEGO
- SAN MIGUEL DE PENAS CASTELLANO
- SAN MIGUEL DE ESPORIZ CASTELLANO
- SAN MARTIÑO DE FUFÍN GALEGO
- SAN MARTIÑO DE FUFÍN CASTELLANO
- SAN MARTIÑO DE FENTE GALEGO
- SAN MARTIÑO DE FENTE CASTELLANO
- SAN MARTIÑO DE CUMBRADOS GALEGO
- SAN MARTIÑO CUMBRADOS CASTELLANO
- SAN LOURENZO DE PEDRAZA GALEGO
- SAN LORENZO DE PEDRAZA CASTELLANO
- SAN CRISTOVO DE NOVELÚA GALEGO
- RUTA FEIRA VELLA-MUIÑO DO ALEMÁN GALEGO
- RUTA FEIRA VELLA-MUIÑO DO ALEMÁN CASTELLANO
- RUTA DOS SOUTOS E AS CARBALLEIRAS GALEGO
- RUTA DOS SOUTOS E AS CARBALLEIRAS CASTELLANO
- REVISTAS IGLESIAS ROMÁNICAS GALLEGO
- REVISTAS IGLESIAS ROMÁNICAS CASTELLANO
- REVISTA IGLESÍAS ROMÁNICAS INGLÉS
- GUÍA ITINERARIOS MONTERROSO CASTELLANO
- GUÍA ITINERARIO MONTERROSO GALEGO
- TRÍPTICO GALEGO
- TRÍPTICO CASTELLANO
- CALLEJERO MONTERROSO 2024
